Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, unha vez intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT Ortoño, no concello de Ames (expediente IN407A 2015/267-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que se detalla, e que terá lugar nas oficinas da casa do concello correspondente.
A Coruña, 13 de marzo de 2020
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2015/267-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT, CT Ortoño.
Concello: Ames.
Predio |
Concello |
Titularidade proposta |
Data |
Hora |
1 |
Ames |
Hrdos. de Eduardo Casilla Gil |
30.4.2020 |
12.30 |