Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 23 de marzo de 2020 Páx. 17196

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 6 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á resolución pola que se outorga a autorización ambiental integrada 2017-IPPC-I-91-328 para a ampliación dunha explotación avícola de recría de galiñas e galos ata 60.165 aves en Míllara-Garabelos, concello de Baltar.

De conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro) e co artigo 24 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:

Instalación: explotación avícola de recría de galiñas reprodutoras e galos

Procedemento: autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental.

Titular: Lamaga, S.L.

Localización: lugar de Míllara-Garabelos, concello de Baltar (Ourense)

Expediente: 2017-IPPC-I-91

Esta resolución poderá consultarse na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático