Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 23 de marzo de 2020 Páx. 17198

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Rodi Motorsport Sociedade Cooperativa Galega Xuvenil.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Rodi Motorsport Sociedade Cooperativa Galega Xuvenil, acordada na asemblea xeral de data 18 de decembro de 2019, no Rexistro Provincial de Ourense. A nova denominación da cooperativa é Robdie Motorsport Sociedade Cooperativa Galega Xuvenil.

Ourense, 18 de febreiro de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense