Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 18 de marzo de 2020 Páx. 17072

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dodro

ANUNCIO do convenio urbanístico de monetarización de aproveitamento urbanístico.

Con data do 20 de febreiro de 2020, negociouse e subscribiuse o texto inicial do convenio urbanístico de monetarización de aproveitamento urbanístico, que leva a cabo as previsións de modificación puntual aprobada definitivamente polo Decreto 7/2016, do 8 de xaneiro que delimita un sector de solo urbanizable, denominado S-03, cunha superficie bruta de 20.717 m2, cun aproveitamento de uso característico industrial de 10.000 m2, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, de conformidade co disposto no artigo 168 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública durante o prazo mínimo dun mes contado desde a publicación deste anuncio.

Durante o dito prazo, o texto inicial do convenio urbanístico poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará ao dispor dos interesados no taboleiro electrónico do concello https://sede.concellodedodro.org/opencms/es/informacion/ e na web do concello www.dodro.gal.

Dodro, 27 de febreiro de 2020

Francisco Xabier Castro Tourís
Alcalde