Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 18 de marzo de 2020 Páx. 17052

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 3 de marzo de 2020 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística derivado do expediente PON/255/2019-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 3 de novembro de 2019, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras realizadas sobre espazos previstos para vías e equipamentos consistentes na construción de muros de contención, rampla, recheos e explanación de terras, no lugar da Guía, parroquia de Atios, na estrada N-550, no termo municipal do Porriño, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo aos herdeiros de Elena Yubero Ledo, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos interesados o devandito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, faise saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcurrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística