Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 18 de marzo de 2020 Páx. 17059

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 5 de marzo de 2020, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica a resolución da baixa da autorización turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de varios establecementos.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a Resolución do 3 de xaneiro de 2017 da baixa dos establecementos indicados no anexo, xa que intentada a notificación non se puido efectuar polos medios habituais.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpor recurso potestativo de reposición ante esta Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 5 de marzo de 2020

O/a xefa/e da Área Provincial de Turismo de Pontevedra
Por suplencia (Resolución do 29/3/2019)
María José Echevarría Moreno
Xefa territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura e Turismo

ANEXO

Establecemento: La Posada del Mar.

Signatura: V-PO-004551.

Razón social: Jaime Vieitez Rodríguez.

Domicilio: Playa de Canido, s/n.

Concello: Vigo.

Establecemento: Bao.

Signatura: V-PO-000767.

Razón social: Ángel González García.

Domicilio: Lugar O Vao, s/n, Coruxo.

Concello: Vigo.

Establecemento: Las Rosas.

Signatura: V-PO-001735.

Razón social: José Aldao Prado.

Domicilio: Lugar Canido, San Miguel de Oia.

Concello: Vigo.

Establecemento: Federico.

Signatura: V-PO-001868.

Razón social: Federico Fernández Pérez.

Domicilio: Rúa Generales, Canido.

Concello: Vigo.