O día 13 de xaneiro de 2020 o director xeral de Emerxencias e Interior adoptou unha resolución co contido que sumariamente se recolle no anexo deste anuncio. Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación á entidade interesada, non foi posible realizala, polo que, en aplicación do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede a súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
A entidade interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, situado na rúa Roma, 25-27, de Santiago de Compostela (en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e deixar constancia de tal coñecemento.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2020
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior
ANEXO
Expediente: OU-1/20.
Imputado/a: Adiga.
Último enderezo coñecido: rúa Progreso, 64, 32003 Ourense.
Data da resolución: 13 de xaneiro de 2020.
Tipificación e precepto infrinxido: moi grave, artigo 28.a) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia.