Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 18 de marzo de 2020 Páx. 17066

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 4 de marzo de 2020 pola que se notifica a resolución do procedemento para a declaración de abandono da embarcación Amistade varada no porto de Ribadeo.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Francisco Javier Díaz Soto, con DNI ***8131** e a Nora Beatriz Cancino Castilla con DNI ***3446** mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a resolución do 11 de febreiro de 2020 da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia que declara en situación de abandono a embarcación de nome Amistade e folio 7ª-FE-1-25-95 varada no porto de Ribadeo, por non ser posible a notificación no domicilio aos copropietarios máis arriba sinalados.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A resolución emítese por atoparse a embarcación varada sen actividade nin mantemento ningún en parcela do porto de Ribadeo próxima á mariña seca e sen aboar taxas, desde que foi reflotada por persoal de Portos de Galicia tras o seu afundimento en setembro de 2019, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG nº 236, do 14 de decembro), de Portos de Galicia, e unha vez que non existe constancia da presentación de alegacións contra o acordo de iniciación de procedemento.

De acordo coa normativa que se cita, e a través dos medios previstos na Lei 5/2011, (DOG nº 203, do 24 de outubro), do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, Portos de Galicia vai a proceder á venda do buque e, de resultar esta falida, ao seu despezamento e traslado a vertedoiro autorizado.

Todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se vaian realizar sobre o buque en función do que resulte do exame sobre o seu estado e da súa peritación, serán á custa do propietario.

A presente resolución será emitida polo presidente de Portos de Galicia en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei 6/2017, de Portos de Galicia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia