Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 17 de marzo de 2020 Páx. 16785

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 2 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade a resolucións de modificacións non substanciais de autorizacións ambientais integradas.

De conformidade co disposto no artigo 10.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselles publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: planta de produción de alumina

Modificación non substancial da autorización ambiental integrada 2006/0184_NAA/IPPC_131

Titular: Alúmina Española, S.A.

Expediente: 2019-IPPC-M-3

Localización: concellos de Xove e Cervo (Lugo)

Instalación: complexo industrial de tratamento e produción de perfís de aluminio en Extramundi

Modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Aluminios Cortizo, S.A.

Núm. de rexistro AAI 2007/0272_NAA/IPPC_222

Localización: concellos de Padrón e Rois

(A Coruña)

Expediente: 2020-IPPC-M-11

Instalación: complexo xestor de residuos inertes e non perigosos

Modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Xilo Galicia, S.L. (Xiloga)

Nº de rexistro AAI 2006/0156_NAA/IPPC_164

Localización: concello das Somozas (A Coruña)

Expediente: 2019-IPPC-M-190

Instalación: planta de valorización e almacenamento de residuos hidrocarburados

Modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Codisoil, S.A.

Nº de rexistro AAI 2014-IPPC-40-276

Localización: concello do Porriño (Pontevedra)

Expediente: 2018-IPPC-M-46

Instalación: planta de envasado de leite UHT

Modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Leche de Galicia, S.L.

Nº rexistro: AAI 2004/0191_NAA/IPPC_013

Localización: ayuntamiento de Vilalba (Lugo)

Expediente: 2020-IPPC-M-3

Instalación: planta de calcinación de magnesita para a obtención de óxido de magnesio

Modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Magnesitas de Rubián, S.A.

Nº rexistro: AAI 2006/0187_NAA/IPPC_146

Localización: concello do Incio

Expediente: 2018-IPPC-M-88

Instalación: fábrica de extrusión, lacado e anodización de perfís de aluminio (centro Rois)

Ampliación dun código LER na actividade de xestión de residuos non perigosos e modificación non substancial da AAI

Titular: Exlabesa Extrusión Padrón, S.A.

Nº de rexistro AAI 2006/0285_NAA/IPPC_148

Localización: concello de Padrón

(A Coruña)

Expedientes 2020-IPPC-M-7 e 2020-IPPC-M-8

Estas resolucións poderán consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático