De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Benito Fernández Raposo a resolución da reclamación de responsabilidade patrimonial RP/CMATV/19/00064.
En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, situadas no edificio administrativo San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2020
Mª Carmen Bouso Montero
A secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda
ANEXO
Expediente: RP/CMATV/19/00064.
Interesado: Benito Fernández Raposo.
Acto notificado: resolución de responsabilidade patrimonial.