Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 17 de marzo de 2020 Páx. 16811

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica un trámite de audiencia en relación cos expedientes de recursos de alzada contra a resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural de inclusión de núcleos rurais na zona de concentración parcelaria de Val de Camba (Rodeiro-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno núm. 43, 2º andar. Teléfono: 986 80 54 48), ou en Lalín (rúa Polideportivo, 1, baixo. Teléfono: 886 15 95 42), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día da publicación no BOE.

Pontevedra, 3 de marzo de 2020

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesados

Acto que se notifica

4438/18

37795974M

46645150T

Trámite de audiencia