Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 17 de marzo de 2020 Páx. 16835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 3 de marzo de 2020 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción acondiciomanento da AC-110 no concello das Somozas, de clave AC/19/003.10, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Antecedentes:

Por resolución da Axencia Galega de Infraestruturas con data do 13 de febreiro do 2020 aprobouse provisionalmente o proxecto de construción: acondicionamento da AC-110 no concello das Somozas, de clave AC/19/003.10.

O obxecto do proxecto é levar a cabo o acondicionamento puntual do trazado da estrada AC-110, ao seu paso polo concello das Somozas, no treito comprendido entre os puntos quilométricos (pp.qq.) 11+500 e 11+700, mediante a mellora dos raios de curvatura que teñen as dúas curvas consecutivas existentes e de xeito que se facilite a circulación dos transportes especiais que transitan por esta estrada.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución será por un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008, A Coruña), e na Casa do Concello das Somozas (lugar Igrexa, 1, 15565, As Somozas, A Coruña). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas) atópase a disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago Compostela, 3 de marzo de 2020

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción

Acondiciomanento da AC-110 no concello das Somozas

Clave: AC/19/003.10

Concello das Somozas

Nº de parcela

Referencia catastral

Titular

DNI

Sup. afectada (m2)

Sup. total (m2)

Destino

Cualificación urbanística

Situación do solo

Bens afectados

1

15082A50101176

Siemens Gamesa Renewable Energy Eólica, S.L.

B31907330

484,00

1.393,00

Monte alto

– Núcleo rural tradicional viario: 11 m2

– Núcleo rural tradicional: 461 m2

– Solo rústico protección agropecuaria: 12 m2

Urbanizado/Rural

484,0 m2 arboredo

2

15082A50101174

Sueiras Pita, Marina

***6497**

21,00

6.157,00

Monte alto

– Solo rústico protección infraestruturas

Rural

21,0 m2 arboredo

3

002101900NJ82B

Abella Hermida, Luís

***5439**

668,00

3.833,00

Pradería

– Núcleo rural tradicional viario: 15 m2

– Núcleo rural tradicional: 24 m2

– Solo rústico protección agropecuaria: 530 m2

– Solo rústico protección infraestruturas: 99 m2

Urbanizado/Rural

1,0 traslado de cancela de dúas follas

14,0 árbore madeireira

19,0 m2 peche bloque de formigón

19,0 m2 celosía de formigón

9,0 poste de formigón

4

002101600NJ82B

Hermida Freire, Pilar (herdeiros de) (50 %) e Hermida Freire, Visitación (herdeiros de) (50 %)

***0887**

729

729

Edificación/Pradería

– Núcleo rural tradicional viario: 189 m2

– Núcleo rural tradicional: 236 m2

– Solo rústico protección agropecuaria: 294 m2

– Solo rústico protección infraestruturas: 110 m2

Urbanizado/Rural

1 edificación 335 m2

5

15082A50101180

Orjales Orjales, Gerardo

***2277**

315

832

Pradería

– Solo rústico protección agropecuaria: 137 m2

– Solo rústico protección infraestruturas: 178 m2

Rural

9,0 árbore madeireira