En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».
Por non poderse efectuar a/as notificación/s ao tratarse dun propietario descoñecido, faise pública a incoación de expediente/s de orde de execución polo estado da parcela, para comparecencia dos interesados.
Nº de expediente |
Asunto |
Propietario |
Ref. catastral-Localización da parcela |
466/2020 |
Parcela con piñeiros e maleza, por posible incumprimento dos deberes de xestión da biomasa vexetal na faixa de protección da rede secundaria |
Descoñecido |
36005A045004070000TX en Aboi-Santo André de Cesar |
Os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, para examinaren o expediente no Departamento de Urbanismo do Concello de Caldas de Reis, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e, de ser o caso, presentaren alegacións ou cualquera escrito en defensa dos seus intereses.
Contra este acto, por tratarse dun acto de trámite, non cabe recurso.
Caldas de Reis, 3 de marzo de 2020
Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente