Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 16 de marzo de 2020 Páx. 16589

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (25/2020).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 25/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Yolanda Porto Varela contra Cityhouse Los Tilos, S.L., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto:

Maxistrada xuíza: María Mercedes Pena Moreira.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2020

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución da Sentenza número 482/2019, do 2 de outubro de 2019 ditada no procedemento ordinario 64/2017 a favor da parte executante, Yolanda Porto Varela, fronte a Cityhouse Los Tilos, S.L., Fogasa, parte executada, por importe de 3.847,76 euros en concepto de principal (3.018,99 euros en concepto de salarios e vacacións, 828,77 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da cantidade anterior), máis outros 384,77 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultáneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da Lei de axuizamento civil, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da Lei da xurisdición social.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A letrada da Administración de xustiza

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2020

Parte dispositiva:

Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Cityhouse Los Tilos, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Yolanda Porto Varela e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da Lei da xurisdición social.

A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación en legal forma a Cityhouse Los Tilos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza