Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 16 de marzo de 2020 Páx. 16477

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2020 pola que se dá publicidade a varios encargos ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, Seaga, S.A. realizados por esta consellería.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade aos seguintes encargos a medio propio:

1. Resolución do 9 de decembro de 2019, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios, S.A. (Seaga, S.A.) as actuacións de control e seguimento da loita biolóxica contra a avespiña do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus) en soutos da Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2020, cofinanciada con Feader no marco PDR de Galicia 2014-2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: execución dos tratamentos sobre as masas de castiñeiros galegos, mediante o estudo, seguimento e solta experimental dentro do programa de control biolóxico de Dryocosmus kuriphilus mediante o parasitoide Torymus sinensis e que son xestionados pola Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios, S.A. (Seaga, S.A.), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 31 de decembro de 2020.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020; o orzamento de execución ascende á cantidade de dous millóns cento noventa e catro mil cincocentos noventa e nove euros con oitenta e catro céntimos (2.194.599,84 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.604.6 (código de proxecto 2016 00199).

2. Resolución do 9 de decembro de 2019, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios, S.A. (Seaga, S.A.) a colaboración no Plan de control fitosanitario contra os axentes defoliadores en masas forestais para os anos 2020, 2021 e 2022, cofinanciada con Feader no marco PDR de Galicia 2014-2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: traballos de colaboración no Plan de control fitosanitario contra defoliadores en masas forestais nos anos 2020, 2021 e 2022 mediante a realización de control e seguimento de parcelas de mostraxe para controlar a poboación de Gonipterus sp, e tamén do seu parasitoide introducido Anaphes nitens e que están xestionados pola Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios, S.A. (Seaga, S.A.), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 31 de decembro de 2022.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020; o orzamento de execución ascende á cantidade de dous millóns oitenta mil oitocentos vinte e nove euros con dezaoito céntimos (2.080.829,18 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.604.6 (código de proxecto 2016 00199).

3. Resolución do 11 de decembro de 2019, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios, S.A. (Seaga, S.A.) a execución de actuacións de mellora do estado fitosanitario en masas de coníferas durante 2020, cofinanciada con Feader no marco PDR de Galicia 2014-2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: realización de actuacións silvícolas para o mantemento e mellora fitosanitaria sobre as masas de coníferas galegas, principalmente do xénero Pinus, mediante a corta polo pé, tronza e saca de pés decaídos, secos e/ou afectados por incendios forestais, e o posterior transporte ao parque de madeira. Tamén se tomarán mostras de piñas para a súa análise en laboratorio. Estas actuacións están xestionadas pola Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios, S.A. (Seaga, S.A.), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 31 de decembro de 2020.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos sesenta e catro mil setecentos cincuenta e seis euros con un céntimo (264.756,01 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.604.6 (código de proxecto 2016 00199).

4. Resolución do 26 de decembro de 2019, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios, S.A. (Seaga, S.A.) apoio á conservación e o fomento dos recursos xenéticos para o cultivo do viveiro da Famelga (Oroso) e o viveiro de Santa Cruz (Oleiros), cofinanciado con Feader no marco PDR de Galicia 2014-2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: diferentes labores de que consta o proceso de reprodución do castiñeiro híbrido porbaixa e que están xestionadas pola Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, tales como: hormonado das cepas existentes, extracción dos barbados dun zume consistente no descalzamento da cepa, transplante dos barbados dun zume de cara a fortalecer o sistema radicular, extracción dos barbados de máis de dous zumes, instalación de parcela de variedades galegas de castaña ou rozas para o control da vexetación espontánea no caso dos hortos sementeiros, campos de planta nai, bancais e zonas de tránsito.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios, S.A. (Seaga, S.A.), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 30 de abril de 2021.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020; o orzamento de execución ascende á cantidade de cincuenta e seis mil cento seis euros con trinta e sete céntimos (56.106,37 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.604.1 (código de proxecto 2016 00201).

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2020

O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015, DOG núm. 223, do 23 de novembro)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural