Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 16 de marzo de 2020 Páx. 16630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 2 de marzo de 2020 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de glorieta no punto quilométrico (p.q.) 98+340 da AC-550, de clave AC/19/076.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Antecedentes:

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 28 de febreiro de 2020 emitiuse unha resolución de aprobación provisional do proxecto de construción de glorieta no punto quilométrico (p.q.) 98+340 da AC-550, de clave AC/19/076.06.

O presente proxecto ten por obxecto a xustificación e definición das obras que se realizarán para a implantación dunha glorieta na intersección situada no p.q. 98+340 da estrada AC-550, no lugar denominado O Cruceiro, na parroquia de Santa Mariña de Xuño, no municipio de Porto do Son. Neste punto de intersección conéctanse a estrada AC-550 coa vía que leva á igrexa pola marxe esquerda e coa vía que se dirixe ao colexio, ao centro de saúde e á praia das Furnas, pola marxe dereita.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado documento sométese ao trámite de información pública para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes no relativo aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, será por un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña), e na Casa do Concello de Porto do Son (rúa Atalaia, 15970 Porto do Son). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas) atópase á disposición dos interesados o proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2020

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados
Proxecto de construción
Glorieta no p.q. 98+340 da AC-550
Clave AC/19/076.06

Concello de Porto do Son.

Nº de orde

Referencia
catastral

Polígono

Parcela

Área

(m²)

Tipo

Titular

DNI/NIF

Superficie afectada (m²)

Tipo de terreo, para efectos de valoración

Ocupación definitiva

Ocupación temporal

Total

1

7909101MH9270N

79091

1

3.389

UR

Pérez Vila, Juan José

***8162**

439,0

129,0

568,0

Rural

2

15072A03900002

39

2

1.285

RU

Arcebispado de Santiago de Compostela

R1500020A

25,0

25,0

50,0

Rural

3

7909102MH9270N

79091

2

269

UR

Rego Romero, Concepción Marta

***5358**

8,0

0,0

8,0

Urbanizado

4

7909104MH9270N

79091

4

339

UR

Rodríguez Olveira, Joaquín Francisco

***5637**

5,0

0,0

5,0

Urbanizado

5

7810713MH9271S

78107

13

135

UR

Pérez Vila, María Manuela

***3743**

74,0

0,0

74,0

Urbanizado

6

7810702MH9271S

78107

2

1.796

UR

Rego Romero, María Manuela

***4612**

44,0

0,0

44,0

Urbanizado

7

7909802MH9270N

79098

2

168

UR

Mariño Domínguez, José (herdeiros de)

***1772**

2,0

0,0

2,0

Urbanizado