Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2020 Páx. 16400

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO da modificación puntual número 18 das normas subsidiarias do planeamento municipal para a redelimitación do núcleo rural de Deiro de Arriba.

O Concello de Vilanova de Arousa está iniciando a tramitación da modificación puntual nº 18 das normas subsidiarias do planeamento municipal para a redelimitación do núcleo rural de Deiro de Arriba.

De conformidade co disposto nos artigos 78.2.a) da Lei 2/2016, do 16 de febreiro, do Solo de Galicia, e 191.1.a) do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei do solo, sométese o documento a información pública durante un prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e dous dos xornais de maior difusión da provincia de Pontevedra.

O expediente poderá ser consultado na área de urbanismo do Concello, sita na Casa do Concello, 3º andar (Praza do Concello, núm. 1), de luns a venres, agás festivos, das 9.00 ás 13.00 horas, e na sede electrónica do Concello de Vilanova de Arousa na epígrafe de «Taboleiro de anuncios».

Vilanova de Arousa, 13 de febreiro de 2020

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde