Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2020 Páx. 16060

III. Outras disposicións

Xunta Electoral de Galicia

ACORDO do 12 de marzo de 2020, da Xunta Electoral de Galicia, polo que se toma coñecemento dos plans de cobertura informativa da campaña electoral da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) e da Corporación Radiotelevisión Española (RTVE) para as eleccións ao Parlamento de Galicia do 5 de abril de 2020.

A Xunta Electoral de Galicia, na sesión do 12 de marzo de 2020, tomou coñecemento dos plans de cobertura informativa elaborados polas corporacións de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) e de Radiotelevisión Española (RTVE) para as eleccións ao Parlamento de Galicia do 5 de abril de 2020, de conformidade co disposto no artigo 66 da LOREX e na Instrución 4/2011, do 24 de marzo, da Xunta Electoral Central, de interpretación do artigo 66 da LOREX, no relativo ás garantías de respecto aos principios de pluralismo, igualdade, proporcionalidade e neutralidade informativa polos medios de comunicación en período electoral.

Os ditos plans están publicados na páxina web da Xunta Electoral de Galicia:

http://www.parlamentodegalicia.es/XuntaElectoral/.

Os representantes xerais das formacións políticas concorrentes ao proceso electoral en curso poden presentar ante a Xunta Electoral de Galicia as reclamacións ou os recursos que consideren pertinentes, de conformidade co disposto no punto quinto da citada instrución, ata as 14.00 horas do sábado 14 de marzo de 2020.

Os recursos formulados en tempo e forma estarán á disposición das formacións políticas interesadas na Secretaría da Xunta Electoral, en horario de rexistro, para os efectos de que poidan formular alegacións ata o domingo 15 de marzo de 2020, ás 14.00 horas.

O presente acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia en virtude do disposto no artigo 18.6 da LOREX e no punto quinto da referida Instrución 4/2011, do 24 de marzo.

A Coruña, 12 de marzo de 2020

José María Gómez y Díaz-Castroverde
Presidente da Xunta Electoral de Galicia