Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2020 Páx. 16383

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 28 de febreiro de 2020 polo que se notifica a imposición dunha cuarta multa coercitiva no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/10/2015-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 3 de febreiro de 2020, resolución pola que se impón unha cuarta multa coercitiva como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 7.3.2016, 30.3.2017, 13.2.2018 e 17.1.2019, en que se declaran ilegalizables as obras consistentes na construción dunha edificación con tipoloxía residencial, na rúa do Rego, 9, Santa Cruz de Rábeda, no termo municipal de San Cibrao das Viñas, provincia de Ourense, por seren incompatibles co ordenamento urbanístico vixente e se ordena a súa demolición.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a José Antonio Raul Dos Ríos, mediante o presente anuncio, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado a dita resolución, por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra oa seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución o interesado pode interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística