Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2020 Páx. 16049

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

EXTRACTO da Orde do 2 de marzo de 2020 pola que se convocan axudas para realizar actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504G).

BDNS (Identif.): 499286.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado que estea a cursar 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2019/20, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar actividades de formación dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e da competencia científico-tecnolóxica ou STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas) do alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria do réxime xeral e matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia durante o ano 2020.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 2 de marzo de 2020 pola que se convocan axudas para realizar actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504G).

Cuarto. Importe

Importe total da convocatoria: 130.000,00 euros.

Nº de prazas: 200.

Importe individual: a contía da axuda para cada beneficiario será o custo total da actividade.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2020

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional