Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 3 de febreiro de 2020 autorizouse a transmisión da titularidade do establecemento de acuicultura que se describe:
Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.
Identificación e localización: parcela número 718 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 125,03 m².
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: inter vivos.
Antigo titular: Ernesto Barreiro Coira.
Nova titular: Jessica Barreiro Mollinedo (***8906**).
A nova titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas do anterior.
Condicións particulares baixo as que se autoriza a transmisión da titularidade: a nova titular deberá achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.
Vigo, 3 de febreiro de 2020
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo