Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2020 Páx. 15808

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións para equipamento e dotación privada no lugar de Dorrón.

A Corporación Municipal en Pleno do Concello de Sanxenxo, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 17 de xaneiro de 2020, en relación ao expediente nº U-085/17, promovido polo Instituto Calasancio Hijas de la Divina Pastora para a aprobación dun Plan especial de infraestruturas e dotacións para equipamento e dotación privada no lugar de Dorrón, Sanxenxo, adoptou por unanimidade dos membros de dereito da Corporación o acordo cuxa parte dispositiva se transcribe:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para equipamento e dotación privada no lugar de Dorrón, no termo municipal de Sanxenxo.

Segundo. Publicar no Diario Oficial de Galicia o acordo de aprobación definitiva do plan especial.

Terceiro. Publicar no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra a normativa e as ordenanzas do plan especial.

Cuarto. Notificar individualmente o presente acordo ás persoas titulares catastrais dos terreos afectados.

Quinto. Remitir o documento do Plan especial de infraestruturas e dotacións para equipamento e dotación privada no lugar de Dorrón, definitivamente aprobado, ao Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia».

Sanxenxo, 29 de xaneiro de 2020

Telmo Martín González
Alcalde presidente