Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2020 Páx. 15777

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 36/2020).

Execución de títulos xudiciais (ETX) 36/2020

Procedemento de orixe: procedemento ordinario (PO) 38/2018

Sobre: ordinario

Demandante: Fundación Laboral de la Construcción

Avogado: Adrián Núñez Fernández

Demandado: Decoraciones Ruasa, S.L.

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 36/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción, contra a empresa Decoraciones Ruasa, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditouse auto e decreto en data 18 de febreiro de 2019, cuxa parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, a Fundación Laboral da Construción, fronte a Decoraciones Ruasa, S.L., parte executada, por importe de 74,32 euros en concepto de principal, máis outros 7,43 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e queda a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no que ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á constitución do título, non sendo a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0036 20. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número ES55 0049 3569 9200 0500 1274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0036 20”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A maxistrada xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Decoraciones Ruasa, S.L., pola cantidade reclamada de 74,32 euros en concepto de principal, máis 7,43 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, ingresándoo na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander, co número ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (concepto transferencia 5076 0000 64 0036 20) e, se non pagase no prazo de dez días, realizarase o embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola que se despachou execución máis as custas desta.

– Requirir a Decoraciones Ruasa, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíqueselles ás partes e a Decoraciones Ruasa, S.L., por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0036 20. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número ES 55 0049 3569 9200 0500 1274 e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0036 20”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que lle sirva de notificación a Decoraciones Ruasa, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza