Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2020 Páx. 15782

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos PO 51/2020 e PO 59/2020 contra a Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se convoca proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados nos recursos contencioso-administrativos PO 51/2020 e PO 59/2020 contra a Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se convoca proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na referida sala no prazo de nove días, contados dende o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública