Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2020 Páx. 15685

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de febreiro de 2020 pola que se empraza o interesado no procedemento ordinario 401/2019 no expediente de reposición da legalidade LUG/64/2016-RP1.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo, en relación co procedemento ordinario núm. 401/2019, interposto por Rogelio Rodríguez Díaz, contra a resolución desestimatoria ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición o 28.8.2019, expediente LUG/64/2016-RP1, interposto contra outra do 24.8.2017 pola que declara que as obras de ampliación dunha vivenda unifamiliar preexistente en solo rústico, no lugar de Cortapezas, 9, concello de Portomarín, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e ordena a demolición das obras e o cesamento definitivo dos usos a que desen lugar, para o que se fixou un prazo máximo de tres meses, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas-LPACAP, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a Manuel Fernández Rodríguez para que poida presentarse como interesado nos autos no prazo de nove (9) días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística