Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2020 Páx. 15616

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura e Turismo, pola que se declara de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Luzes.

Examinado o expediente de declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Luzes aprécianse os seguintes feitos e fundamentos de dereito:

Feitos:

1. Juan Janeiro Vilaboa, secretario do padroado da Fundación, presentou solicitude de clasificación, declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación Luzes foi constituída en escritura pública outorgada na Coruña o 7 de maio de 2019, ante o notario Raúl Gerardo Muñoz Maestre, co número de protocolo 2.056, por Manuel Rivas Barrós, Xosé Manuel Carlos Pereiro Sánchez, Ana Luisa Bouza Santiago, Xoán Antón Pérez Lema López, Juan Janeiro Vilaboa, Ana María Pumares Pita, Víctor Francisco Sampedro Blanco, Xesús Manuel Vega Buján, Manuel Emiliano Bragado Rodríguez e María Isabel Romero Barciela, que actúan no seu propio nome e dereito.

Esta escritura foi emendada por outra outorgada o 7 de novembro de 2019 na mesma localidade e ante o mesmo notario.

3. A Fundación Luzes, segundo establece o artigo 6 dos seus estatutos, ten por obxecto ou fins principais «o fomento e difusión da cultura galega, o estudo e investigación sobre a sociedade galega, a promoción do debate público e de elaboración de propostas e retos de Galicia».

4. Na escritura de constitución da fundación constan os aspectos relativos á personalidade dos fundadores; á súa capacidade para constituíla; á súa vontade de facelo como de interese galego conforme os preceptos da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego; á dotación; aos estatutos e á composición do padroado inicial.

5. Nos estatutos da fundación consta a súa denominación, o seu enderezo, o seu obxecto e finalidade, as regras para a aplicación das rendas aos fins fundacionais e para a determinación dos beneficiarios, a composición e normas de funcionamento do padroado, e as causas de disolución e o destino dos bens e dereitos resultantes da súa liquidación.

6. O padroado inicial da Fundación (segundo consta na escritura de constitución e posterior modificación por adaptación aos seus estatutos) está formado por Manuel Emiliano Bragado Rodríguez como presidente; Teresa Táboas Veleiro como vicepresidenta, Juan Janeiro Vilaboa como secretario e Xesús Manuel Vega Buján, Manuel Rivas Barrós, Xosé Manuel Carlos Pereiro Sánchez, Ana Luisa Bouza Santiago, Xoán Antón Pérez-Lema López, Ana María Pumares Pita, Víctor Francisco Sampedro Blanco, María Isabel Romero Barciela, Manuel Álvarez Álvarez, Jacobo Bermejo Barrera, Xulio Xosé Ferreiro Baamonde, Fernando Xabier Blanco Álvarez e a Sociedade Galega Sementeira de Basilea-Suíza como vogais.

7. A comisión integrada polos secretarios xerais técnicos de todas as consellerías elevou ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Luzes, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumprindo os requisitos exixidos na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, e segundo establecen os artigos 47.2 da citada lei; 51 do Regulamento de fundacións de interese galego, aprobado polo Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro; e 7 do Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, aprobado polo Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro; o protectorado será exercido polo departamento da Xunta de Galicia que teña atribuídas as competencias correspondentes aos fins fundacionais.

8. De conformidade coa citada proposta, por Orde da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 5 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 240, do 18 de decembro) clasificouse de interese cultural a Fundación Luzes e adscribiuse á Consellería de Cultura e Turismo para os efectos do exercicio das funcións de protectorado.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral, consonte a lei, e o artigo 27.26 do Estatuto de Autonomía para Galicia establece que é competencia exclusiva da Comunidade autónoma galega o réxime das fundacións de interese galego.

Segundo. De acordo co disposto no artigo 7.2 do Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, en relación co Decreto 163/2018, do 13 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Turismo, corresponde a esta consellería a declaración de interese galego mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Luzes, así como o exercicio das funcións de protectorado e as demais que correspondan á Xunta de Galicia de conformidade co indicado no dito regulamento.

Á vista do que antecede e tendo en consideración o establecido na normativa vixente en materia de fundacións de interese galego, e nas demais normas de xeral e pertinente aplicación; en uso das competencias atribuídas polo Decreto 163/2018, do 13 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Turismo,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar de interese galego a Fundación Luzes.

Segundo. Ordenar a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Cultura e Turismo.

Terceiro. Esta fundación queda sometida ao disposto na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, no Regulamento de fundacións de interese galego, aprobado polo Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, no Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, aprobado polo Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, e na demais normativa de aplicación e especialmente ás obrigas de dar publicidade suficiente aos seus obxectivos e actividades, da ausencia de ánimo de lucro na prestación aos seus servizos, así como de presentación anual da documentación contable e do plan de actuación ante o protectorado.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura e Turismo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co sinalado nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2020

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo