Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2020 Páx. 15678

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 10 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución ditada no procedemento competencia desta xefatura (expediente 2019/31-36 e un máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles a través do Boletín Oficial del Estado, ás persoas citadas no anexo, a resolución ditada no procedemento que se indica no referido anexo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

Para o coñecemento íntegro da resolución, emprázanse as persoas interesadas por si ou a través dos seus representantes legais para que no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado compareza nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais e en horario das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses, desde o día seguinte á notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 10 de febreiro de 2020

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expedientes: 2019/31-36 e 2019/32-36.

Interesados:

Isaam Korch.

Fatima Zahra Nejti.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 6 de novembro de 2019.

Efectos xurídicos que produce a resolución: cesamento de medida administrativa.