Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2020 Páx. 15671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2020 polo que se lle notifica á persoa interesada a resolución sobre disolución de pleno dereito por non adaptación á Lei 5/1988, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña remitiu escrito de notificación da Resolución sobre disolución de pleno dereito da entidade O Casal, S. Coop. Ltda. (F15039118) polo transcurso do prazo para a adaptación á Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia.

Intentada dúas veces a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola persoa interesada para os efectos de notificación, esta non se puido efectuar e foi devolta polo dito servizo.

Polo exposto, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude deste anuncio notifícalle á persoa interesada que se indica no anexo a resolución antes citada.

A persoa interesada pode recoller a resolución mediante comparecencia nas dependencias do Rexistro Provincial de Cooperativas da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 27 de febreiro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Solicitante: José Vergara Fernández - O Casal, S. Coop. Ltda.

Acto notificado: resolución sobre disolución de pleno dereito por non adaptación á Lei 5/1998 de cooperativas de Galicia.