Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2020 Páx. 15633

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 28 de febreiro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data, pola que se convocan para a provisión, polo sistema de libre designación, varios postos vacantes de xefatura de persoal de xestión e servizos.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde de 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde; e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, o Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, logo de autorización da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, e logo de comunicación á Comisión de Centro,

DISPÓN:

Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de libre designación, dos postos vacantes de xefatura de persoal de xestión e servizos que se relacionan no anexo desta resolución.

As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

As solicitudes e a documentación anexa deberán presentarse nas unidades de rexistro dos centros integrantes da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, no prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte á data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 28 de febreiro de 2020

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

A) Denominación do posto: xefe/a de servizo de Asesoría Xurídica.

Número vacantes: 1.

B) Denominación do posto: xefe/a de servizo de Carreira Profesional e Expediente Electrónico.

Número vacantes: 1.

C) Denominación do posto: xefe/a de servizo de Selección e Provisión de Persoal.

Número vacantes: 1.

D) Denominación do posto: xefe/a de servizo de Xestión de Persoal, Retribucións e Control Orzamentario.

Número vacantes: 1.