Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2020 Páx. 15486

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 24 de febreiro de 2020 pola que se empraza o interesado no procedemento ordinario 5/2020 do expediente de reposición da legalidade COR/72/2017-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol, en relación co procedemento ordinario núm. 5/2020, interposto por Alberto Calvo Teijeiro contra a resolución desestimatoria ditada pola Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición o 7.11.2019, expediente COR/72/2017-RP1, interposto contra outra do 14.9.2018, pola que declara que as obras executadas parcialmente en solo rústico e parcialmente en solo de núcleo rural, consistentes na construción dunha nave e unha soleira, no lugar do Barreiro, 32, parroquia de San Martín do Porto, concello de Cabanas, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e ordena a demolición das obras e o cese definitivo dos usos a que desen lugar, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas-LPACAP, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado), emprázase a José Ramón Otero Cao para que poida presentarse como interesado nos autos no prazo de nove (9) días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística