Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2020 Páx. 15452

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (peza civil 681/2019).

María Jesús Prieto Toranzo, letrada da Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, certifica que na peza civil nº 681/2019, dimanante do procedemento ordinario nº 531/2017, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, seguido a instancia de Luz María Guerra Vilas fronte ao Ministerio Fiscal e Wang Liao, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos letrados Francisco Javier Menéndez Estébanez, Manuel Almenar Belenguer e María Begoña Rodríguez González, ditou en nome do rei a seguinte

Sentenza número 673/2019

Pontevedra, 12 de decembro de 2019.

Vistos en grao de apelación, ante esta Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de procedemento ordinario 531/2017, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, aos que correspondeu a peza recurso de apelación (LACN) 681/2019, en que aparece como parte apelante Luz María Guerra Vilas, representada polo procurador dos tribunais, Francisco Javier Almon Cerdeira, asistida polo avogado Roberto Cons Lamas e, como parte apelada, Wang Liao, que non comparece nesta alzada, e o Ministerio Fiscal, e sendo relatora a maxistrada María Begoña Rodríguez González, quen expresa o parecer da sala.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolvemos

Que, estimando parcialmente o recurso de apelación formulado por Luz María Guerra Vilas, representada polo procurador Francisco Javier Almón Cerdeira, contra a sentenza ditada nos autos de xuízo verbal n° 531/2017 polo Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, debemos revogala e revogámola no sentido de acordar a privación da patria potestade respecto da menor Luz María Liao Guerra por parte do seu proxenitor Wang Liao, sen facer especial pronunciamento en canto ás custas.

Así o acordan, mandan e asinan os maxistrados que compoñen esta sala, Francisco Javier Menéndez Estébanez, presidente; Manuel Almenar Belenguer e María Begoña Rodríguez González, relatora.

Seguen as rúbricas. Certifico».

E ao estar o demandado Wang Liao, en paradoiro descoñecido, e para que así conste e se publique no Diario Oficial de Galicia, expídese este edicto co fin que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 3 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza