Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2020 Páx. 15473

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 10 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 44658484M/03/01/2020/2.1.E e dous máis.

Unha vez intentada a notificación da resolución ditada pola Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, pola que se acorda a resolución do expediente sancionador de referencia, e ao non ser posible a súa práctica, por medio da presente cédula e segundo o disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a efectuar a notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE); a súa eficacia queda condicionada a súa eficacia á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselle saber que esta resolución non pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, logo de reclamación ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos 30 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

As persoas interesadas, durante este prazo, poderanse presentar ante a Oficina de Emprego de Ourense Centro, situada na rúa Progreso, 11, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada pola Xefatura Territorial.

Advírteselles ás persoas interesadas que, se non formularen recurso no tempo e na forma, a resolución adquirirá firmeza.

Ourense, 10 de febreiro de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Persoa interesada

Nº de expediente

Preceptos infrinxidos

Preceptos sancionadores

Proposta de sanción

44658484M

44658484M/03/01/2020/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Y1512097E

Y1512097E/03/09/2019/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

45140746A

45140746A/08/01/2020/2.1.E

Artigo 17.1.a)

Artigo 47.2.a)

Suspensión da demanda de emprego durante o período comprendido entre o 8.1.2020 e o 14.1.2020