Mediante esta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, de 2 de outubro), notifícaselle á persoa que no anexo se relaciona a resolución do expediente sancionador nº OU-S-56/2019, do xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar.
O interesado poderá recoller a correspondente resolución mediante comparecencia nas dependencias da Área Provincial de Turismo, rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, Ourense.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de alzada ante a Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, todo iso sen prexuízo de que o interesado poida interpoñer calquera outro que considere oportuno.
De non presentar recurso no devandito prazo, as sancións devirán firmes e deben aboar os importes das multas nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes seguinte ou hábil inmediatamente posterior.
O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias do Servizo de Turismo de Ourense. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións da Consellería de Facenda (DOG nº 235, do 5 de decembro).
Ourense, 27 de febreiro de 2020
Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense
ANEXO
Expediente: OU-S-56/2019.
Titular sancionado: Jesús Deaño Deaño.
Establecemento: Barmacia.
Domicilio: Progreso, 40.
Localidade: Ribadavia.
Resolución: 14 de febreiro de 2020.
Tipificación da infracción: artigo 109.2.a) e 109.10) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.
Sanción: catrocentos (400) euros.