Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2020 Páx. 15294

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de información pública sobre o expediente expropiatorio urbanístico para a execución da obra de ampliación, pavimentación e humanización da rúa Casanova no concello de Leiro.

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Ourense, por delegación de competencia do Pleno, na súa sesión ordinaria que tivo lugar o 30 de xaneiro de 2020, acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación urbanística para a execución da obra de ampliación, pavimentación e humanización da rúa Casanova, no concello de Leiro, e someter este a información pública.

Unha vez visto o exposto, faise público o citado proxecto de expropiación, o cal se tramita polo procedemento previsto no artigo 117 e seguintes da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e no cal o beneficiario é o Concello de Leiro, para que, de conformidade co disposto no artigo 118 da dita lei, durante o prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan examinar o expediente na Sección de Patrimonio e Expropiacións da Deputación Provincial de Ourense (rúa Progreso, nº 32, Ourense 32003) e formular as alegacións que xulguen oportunas.

Parcela expte.

Referencia catastral

Tipo parcela

Propietario

m2 exprop.

a

2012801NG7921S0001ZQ

Solo urbanizado

Cándido Pérez Pérez

Carmen Pajarín Corbal

56,90

b

2012805NG7921S0001AQ

Solo urbanizado

José Fernández Martínez

118,90

• Información: Sección de Patrimonio e Expropiacións; rúa Progreso, nº 32, CP 32003, Ourense. Teléfono 988 31 75 36; correo electrónico: msuarez@depourense.es

Ourense, 14 de febreiro de 2020

O presidente da Deputación Provincial de Ourense
P.D. (Decreto do 11.7.2019)
Pablo Pérez Pérez
Deputado delegado de Cooperación