Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2020 Páx. 15239

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 204/2019).

DSP. Despedimento/cesamentos en xeral 204/2019

Procedemento de orixe: sobre despedimento

Demandante: Delfina Alcalde Lojo

Avogada: María Elena Teixeira Barcala

Demandados: José Ces Alcalde, S.L., José Ces Alcalde, Óscar Pérez López, S.L., Fogasa Avogados: Montserrat Trillo Nouche, letrado/a de Fogasa

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 204/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Delfina Alcalde Lojo contra José Ces Alcalde, S.L., José Ces Alcalde, Óscar Pérez López, S.L. e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre despedimento, se ditou, con data do 11 de febreiro de 2020, sentenza contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da dita resolución na Secretaría do dito órgano xudicial.

Para que sirva de notificación en legal forma a Óscar Pérez López, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza