Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2020 Páx. 15235

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 7/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 7/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Martín Manuel Medina Castro contra Óscar Pérez López, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a Sentenza co número 39/2020, do 13 de febreiro de 2020, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolvo:

Estímase a demanda presentada por instancia de Martín Manuel Medina Castro, asistido da letrada Sra. Teixeira Barcala, contra Óscar Pérez López, S.L., e, en consecuencia, declaro extinguida a relación laboral que unía as partes con data desta resolución, e condeno a demandada a aterse á anterior declaración e a aboarlle ao demandante unha indemnización de 955,81 euros.

Así mesmo, condénase a empresa demandada, Óscar Pérez López, S.L., a aboarlle ao demandante a cantidade de 9.481,83 euros como cantidades debidas en concepto de salarios debidos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina».

Para que sirva de notificación en legal forma a Óscar Pérez López, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza