Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2020 Páx. 15267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños número 234 e 235, situados na zona marítimo-terrestre do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 11 de febreiro de 2020, se autorizou a transmisión da titularidade dos establecementos de acuicultura que se describen:

Establecemento 1:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela número 234 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 173,74 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Establecemento 2:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela número 235 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 263,41 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Antigos titulares: María Lourdes Díaz Diz, José Enrique Díaz Diz e José Abad Caeiro.

Novos titulares: Alberto Abad Díaz (***9917**) e José Enrique Díaz Diz (***5927**).

Os novos titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: os novos titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 11 de febreiro de 2020

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo