Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2020 Páx. 15257

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 5 de febreiro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Pereiro a favor dos/das veciños/as de Santa Comba, na parroquia de Santa Comba (San Trocado), no concello de Bande (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 6 de novembro de 2019, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que de seguido se relacionan:

Nome do monte: Pereiro.

Superficie: 0,04 ha.

Pertenza: CMVMC de Santa Comba.

Parroquia: Santa Comba (San Trocado).

Concello: Bande.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Na seguinte táboa indícase a referencia catastral da parcela obxecto de clasificación e as parcelas catastrais estremeiras:

Parcela obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Estrema

Polígono

Parcela

32007A069005080000XY

Norte

69

509

Leste

9017

Sur

503-507

Oeste

519

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 5 de febreiro de 2020

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense