Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2020 Páx. 15272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2020 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de mellora da capacidade do enlace da vía de altas prestacións (VAP) AG-41 coa PO-504 en Sanxenxo, de clave PO/18/119.01, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Antecedentes:

O proxecto de construción de mellora da capacidade do enlace da vía de altas prestacións (VAP) AG-41 coa PO-504 en Sanxenxo, de clave PO/18/119.01, aprobouse provisionalmente o 24 de outubro de 2019 por resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas e sométese ao trámite de información pública de acordo co artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.

A actuación que se propón busca mellorar a capacidade do ramal de enlace de saída da VG-4.1 en dirección Sanxenxo, para o que se proxecta a modificación do ramal existente partindo da estrutura sobre a actual PO-504, desenvolvendo un ramal cun radio de xiro adecuado e ampliando a calzada no treito da estrada entre a glorieta do enlace de Sanxenxo e da PO-504, eliminando o stop existente e dotándoo dun carril adicional, o que permite aumentar a capacidade e mellora considerable do fluxo do tráfico.

A solución é compatible co futuro desdobramento da VG- 4.1 recollido no proxecto de trazado de desdobramento da VG-4.1 (AG-41)-A Lanzada (PO-550), de clave PO/08/146.00.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado documento sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. Do mesmo xeito, sométese o presente proxecto a información pública para os efectos do establecido na lexislación vixente en materia de augas, en relación coa protección do dominio público hidráulico.

Cuarto. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43-1º, 36071 Pontevedra) e no Concello de Sanxenxo (rúa Consistorio, 4-6, 36960 Sanxenxo, Pontevedra).

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase á disposición dos interesados o proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2020

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción de mellora da capacidade do enlace
da vía altas prestacións (VAP) AG-41 coa PO-504 en Sanxenxo, clave PO/18/119.01

Concello de Sanxenxo

Nº orde

Ref. catastral

Polígono

Parcela

Titular

Superficie catastral (m2)

Natureza

Clas.

urbanística

Afeccións m2

Subparcela

Exprop.

Ocup. temporal

Total

001

36051A04700653

47

653

González Garrido, Joaquina

517

Urbano

SU

165

0

165

002

36051A04700654

47

654

Padín González, Mª Araceli

675

Urbano

SU

78

0

78

003

36051A04700656

47

656

Martínez Peón, Dionisio

691

Urbano

SU

42

0

42

004

36051A04700657

47

657

Construferga, S.L.

1.138

Urbano

SU

66

0

66

005

36051A04700658

47

658

Esperón Camiña, Eduardo

1.270

Urbano

SU

a

827 m2

83

0

83

006

36051A04700659

47

659

Seijas Amado, Luis

Martínez Otero, Isabel

1.717

Urbano

SU

a

376 m2

22

0

22

Seijas Amado, Luis

Martínez Otero, Isabel

1.717

Urbano

SU

c

77 m2

77

0

77

007

36051A04700711

47

711

Distribuidora Internacional de

Alimentación, S.A.

2.886

Urbano

SU

243

0

243

008

36051A04700713

47

713

Riveiro Berdullas, Juan (herdeiros de)

160

Urbano

SU

65

0

65

009

36051A04700786

47

786

Inversiones Veiga Nova, S.L.

3.759

Rústico

SUNS

b

2667 m2

0

475

475