Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2020 Páx. 15120

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle para axuste das rasantes no ámbito do Plan especial de infraestruturas e dotacións na zona E69B-O Revel.

A Xunta de Goberno local, en sesión realizada o 7 de febreiro de 2020, acordou prestar aprobación inicial ao estudo de detalle para axuste das rasantes no ámbito do Plan especial de infraestruturas e dotacións na zona E69B-O Revel, tramitado a iniciativa municipal.

De conformidade co establecido no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia, co obxecto de que se poidan formular as alegacións que se consideren procedentes.

Sanxenxo, 13 de febreiro de 2020

Telmo Martín González
Alcalde presidente