Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2020 Páx. 14965

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo que se lle notifica á interesada o emprazamento no recurso contencioso-administrativo PO 22/2020 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á interesada que se sinala no anexo deste anuncio a interposición do recurso contencioso-administrativo (cuxos datos figuran no anexo) e é emprazada para que poida comparecer como demandada perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2020

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Interesada: Mª del Carmen Freiría González.

Acto de notificación: emprazamento aos interesados no recurso contencioso-administrativo PO 22/2020 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra.

Último enderezo coñecido: Bar Maylu. R/ Calvo Sotelo, 37, 36700 Tui, Pontevedra.

Datos identificativos do recurso contencioso-administrativo:

Xulgado competente: Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra.

Número de procedemento: procedemento ordinario 22/2020.

Recorrente: Recreativos Portas, S.L.

Actuación administrativa impugnada: Resolución do 28 de marzo de 2019 ditada no expediente RA/XP/2019/00003 sobre extinción da autorización de instalación e localización nº AIP 054632.

Demandada: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.