Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2020 Páx. 14695

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2020 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2020 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP, procede convocar as actividades de formación para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia do ano 2020, que se detallan nos anexos desta resolución.

RESOLVO:

Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2020

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Requisitos das persoas participantes

Poderán participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución:

Os/as empregados/as públicos/as e persoas integrantes das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar) e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, duración e condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como ás súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal.matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

2. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.

3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

6. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un ordenador con conexión á internet.

– Un navegador web co plugin de flash.

7. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas de acordo cos criterios de selección (discapacidade, permiso de maternidade, etc.) poderán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

8. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal> en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas).

Cuarta. Comprobación de datos

1. Para a tramitación do procedemento consultaranse automaticamente os datos das persoas interesadas necesarios para realizar o proceso de selección das actividades formativas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A presentación da solicitude comportará a autorización da persoa solicitante ao órgano xestor para pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios da EGAP.

Quinta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro).

O baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos que o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2020, segundo a Resolución da Consellería de Facenda do 30 de xaneiro (DOG núm. 27, do 10 de febreiro), comezarase pola letra S.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpra os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación de acordo co artigo 68.1 da Lei 39.2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda.

2. Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección, renuncia, asistencia e puntualidade

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte das persoas responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de tres días ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar preferentemente o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. A asistencia e a puntualidade:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia nas actividades presenciais:

1º. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante os/as responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2º. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais, pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

d) Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Realización de probas

1. Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final delas, tanto na modalidade de teleformación como nos cursos que se impartan de xeito presencial. As probas poderanse desenvolver de xeito descentralizado nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade.

2. Para poder superar as actividades de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A adecuada realización de todas as actividades que a titoría propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

– A superación das probas de avaliación que para os efectos se establezan.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas no anexo II da resolución de convocatoria, así como as datas e o horario en que estas terán lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestas actividades as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das modificacións das datas concretas e do horario da proba final.

Novena. Certificado de aproveitamento

Para a obtención do certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe declarando apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba.

Non se expedirán certificados de asistencia sen a superación do curso.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e o cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Destinatarios

Localidade
Modalidade

Datas

Data proba de avaliación

Horario

Itinerarios formativos

FX20008

A custodia compartida nas crises matrimoniais

50

17

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación

procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza en Galicia.

Traballadores/as e axentes sociais da administración local, persoal dos puntos de encontro e persoal dos servizos de

mediación familiar da Comunidade Autónoma.

Teleformación

25.5.2020 11.6.2020

16.6.2020

Proba de avaliación

16.30 h

9.10.2020 26.10.2020

30.10.2020

Proba de avaliación

16.30 h

FX20017

Módulo I. Execución civil; disposicións xerais

50

25

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación

procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza en Galicia.

Teleformación

1.6.2020 25.6.2020

1.7.2020

Proba de avaliación

17.30 h

FX20019

Módulo II. Execución civil: procedemento de constrinximento e trámites posteriores. Especialidades da execución hipotecaria

50

25

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación

procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza en Galicia.

Teleformación

18.9.2020 13.10.2020

16.10.2020

Proba de avaliación

16.30 h

FX20022

Módulo IV. Xurisdición voluntaria

50

20

25.5.2020 14.6.2020

18.6.2020

Proba de avaliación

19.00 h

18.9.2020 9.10.2020

15.10.2020

Proba de avaliación

19.00 h

FX20023

Módulo V. Concursal

50

20

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación

procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza en Galicia.

Teleformación

23.9.2020 13.10.2020

16.10.2020

Proba de avaliación

17.30 h

FX20020

Modulo III. Procedementos civís: disposicións xerais e modalidades procesuais

50

25

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación

procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza en Galicia.

Teleformación

1.10.2020 26.10.2020

30.10.2020

Proba de avaliación

19.00 h

FX20024

Módulo VI. O concurso de persoa natural que non sexa empresario desde unha perspectiva práctica procesual

50

20

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación

procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza en Galicia.

Teleformación

29.10.2020 19.11.2020

25.11.2020

Proba de avaliación

19.00 h

FX20018

Módulo I. Lexislación social I

50

25

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación

procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza en Galicia.

Teleformación

1.6.2020 25.6.2020

1.7.2020

Proba de avaliación

19.00 h

FX20016

Módulo I. Contencioso I

50

25

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación

procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza en Galicia.

Teleformación

18.5.2020 12.6.2020

18.6.2020

Proba de avaliación

17.30 h

FX20015

Módulo I. A actividade dos xulgados de garda: actuacións propias e alleas aos xulgados de instrución

50

20

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación

procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza en Galicia.

Teleformación

14.4.2020 4.5.2020

8.5.2020

Proba de avaliación

17.30 h

FX20010

A prisión provisional como medida cautelar persoal no proceso penal

50

30

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación

procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza en Galicia.

Empregados/as públicos/as de Institucións Penitenciarias destinados/as na Comunidade Autónoma de Galicia.

Empregados/as da Comunidade Autónoma de Galicia que desenvolvan tarefas relacionadas co contido do curso

Teleformación

27.5.2020 26.6.2020

1.7.2020

Proba de avaliación

16.30 h

FX20021

Módulo IV. Actividades procesuais dos xulgados de instrución

50

30

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación

procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza en Galicia.

Teleformación

28.9.2020 27.10.2020

30.10.2020

Proba de avaliación

17.30 h

FX20027

Reformas lexislativas de incidencia procesual no ámbito civil

50

30

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación

procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza en Galicia.

Teleformación

13.5.2020 12.6.2020

18.6.2020

Proba de avaliación

16.30 h

FX20028

Reformas lexislativas de incidencia procesual no ámbito penal

50

30

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación

procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza en Galicia.

Teleformación

19.10.2020 19.11.2020

25.11.2020

Proba de avaliación

17.30 h

Coñecementos xerais oficina xudicial e fiscal

FX20014

Estatuto xurídico do persoal ao servizo da Administración da xustiza

50

25

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación

procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza en Galicia.

Teleformación

18.5.2020 11.6.2020

16.6.2020

Proba de avaliación

17.30 h

FX20011

Asistencia xurídica gratuíta

50

20

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación

procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza en Galicia.

Teleformación

14.4.2020 4.5.2020

8.5.2020

Proba de avaliación

16.30 h

FX20012

Atención ás vítimas de delito e Información ao cidadán

50

30

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación

procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza en Galicia.

Teleformación

13.4.2020 12.5.2020

15.5.2020

Proba de avaliación

19.00 h

Tecnoloxías da información e da comunicación (TIC)

FX20029

Integración das bases de datos de Minerva e boas prácticas no manexo da aplicación procesual

50

30

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación

procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza en Galicia.

Teleformación

12.5.2020 11.6.2020

16.6.2020

Proba de avaliación

19.00 h

FX20030

Xustiza dixital

50

30

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación

procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza en Galicia.

Teleformación

30.10.2020 30.11.2020

4.12.2020

Proba de avaliación

19.00 h

Coñecementos transversais

FX20025

Prácticas preventivas ante agresións para o persoal de atención ao público

50

25

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación

procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza en Galicia.

Teleformación

18.9.2020 13.10.2020

16.10.2020

Proba de avaliación

19.00 h

FX20026

Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos

50

15

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación

procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza en Galicia.

Teleformación

17.4.2020 4.5.2020

8.5.2020

Proba de avaliación

19.00 h

Medicina forense

FX20009

A morte homicida

30

12

Aproveitamento

Médicos forenses do Imelga

Presencial

15.10.2020 16.10.2020

15.10.2020 ás 18.00 h

O día 15 das 10.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.00 h.

O día 16 das 9.30 ás 14.00 h

FX20013

Claves para falar en público e atender aos medios de comunicación

30

10

Aproveitamento

Médicos forenses do Imelga

Presencial

4.6.2020

5.6.2020

4.6.2020 ás 17.30h

O día 4 de 10.00 a 14.00 e 15.30 a 18.30 h.

5 de xuño de 10.00 a 13.00h nas instalacións da TVG. San Marcos. Santiago