Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2020 Páx. 14815

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Alfoz

ANUNCIO de información pública sobre o expediente de delimitación de solo de núcleo rural da Granda, na parroquia de San Pedro de Mor.

Conforme o artigo 78.2.a) da Lei do solo de Galicia, do 10 de febreiro, exponse a información pública o expediente de delimitación de solo de núcleo rural da Granda, na parroquia de San Pedro de Mor, aprobado inicialmente mediante o Acordo plenario do 31 de xaneiro de 2020.

O expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá examinar no Servizo de Urbanismo e Obras, das 8.00 ás 15.00 horas, e formular as alegacións e observacións que se consideren procedentes.

Alfoz, 3 de xaneiro de 2020

Jorge Val Díaz
Alcalde