Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2020 Páx. 14763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 19 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador CON-PO-0359/2019 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, logo de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos ou porque, intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 19 de febreiro 2020

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesados

Acto notificado

Acto adoptado por

CON-PO-0359/2019

Demetrio Lago Rodríguez

Resolución

O xefe territorial

CON-PO-0042/2020

David Graña Piñeiro

Incoación

O xefe territorial

CON-PO-0049/2020

Viviana Claudia González

Incoación

O xefe territorial