Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2020 Páx. 14790

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación de resolucións en relación cos expedientes de modificacións ao acordo de concentración parcelaria da zona de Codeseda (A Estrada).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser o enderezo descoñecido, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural en Pontevedra (avda. María Victoria Moreno, núm. 43, 2º andar. Teléfono 986 80 54 54), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día da súa publicación no BOE.

Contra o acto a que se refire o anexo, que non pon fin a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da notificación.

Pontevedra, 14 de febreiro de 2020

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. expediente

Persoas interesadas

Acto que se notifica

COD-MA-01

Manuel Neira Iglesias

Resolución

COD-MA-09

33238065Y

Resolución

COD-MA-22

35382204Q

Resolución

COD-MA-23

35227361D

Resolución

COD-MA-23

35127516F

Resolución

COD-MA-26

35359421A

Resolución

COD-MA-33

35420791D

Resolución

COD-MA-36

32429150R

Resolución

COD-MA-40

35420791D

Resolución

COD-MA-50

35390442C

Resolución