Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2019237TACO incoado a 54224390G.
De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, da Coruña.
A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá efectualo en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.
Os prazos serán os seguintes:
– Sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes: desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.
– Sancións notificadas entre os días 16 e último de cada mes: desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.
A Coruña, 14 de febreiro de 2019
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: 2019237TACO.
DNI/NIF/CIF: 54224390G.
Último enderezo coñecido: A Igrexa, nº 2, piso 3, porta esquerda, 15970 Porto do Son.
Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.