Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2020 Páx. 14466

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 19 de febreiro de 2020 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG414A).

BDNS (Identif.): 497875.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarios

Os solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

1. Ter nacido a partir do 1 de xaneiro de 1990.

2. Posuír a nacionalidade española e nacido en Galicia, ser nacido en Galicia e estar nacionalizado nun Estado membro da Unión Europea, ou estar empadroado nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia con dous anos de antigüidade á data de publicación destas bases.

3. Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións na data en que finaliza o prazo de presentación de solicitudes:

a) Universitarias (licenciatura, diplomatura, enxeñaría ou grao): Administración e Dirección de Empresas, Ciencias do Transporte e Loxística, Ciencias Económicas e Empresariais, Ciencias Empresariais, Ciencias Políticas, Comercio, Comercio Exterior, Dereito, Dirección e Creación de Empresa, Dirección de Empresas-BBA, Dirección Financeira e Contabilidade, Economía, Enxeñaría, Estatística e Empresa, Marketing e Dirección Comercial, Marketing e Investigación de Mercados, Relacións Internacionais, ou outras con distinta denominación pero de contidos similares ás citadas.

b) Formación profesional: técnico superior en Comercio Internacional.

c) Outras titulacións universitarias non preferentes (licenciatura, diplomatura ou grao) doutras temáticas coa condición de que se dispoña ademais de título de master en Comercio Internacional.

4. Coñecementos de inglés (falado e escrito).

5. Estar dado de alta como demandante de emprego (ou demandante de mellora de emprego) no Servizo Público de Emprego antes da data de presentación da súa solicitude de axuda.

6. Cumprir os requisitos do artigo 10 da Lei 9/2007 para ser considerado beneficiario de subvencións.

7. Non ter gozado con anterioridade dunha bolsa do Igape relacionada coa internacionalización empresarial. Quedarán tamén excluídos da convocatoria aqueles solicitantes que fosen adxudicatarios deste tipo de bolsas en edicións anteriores e que renunciasen a elas con posterioridade ou lles fose determinado un incumprimento total.

8. Non ter gozado dunha bolsa concedida por outros organismos distintos de Igape, relacionada coa internacionalización empresarial ou con prácticas en empresas fóra de España. Exceptúanse as bolsas de estudos desfrutadas durante os anos escolares ou universitarios.

9. Estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto coa Administración pública da comunidade autónoma.

Segundo. Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto a convocatoria de 50 prazas para a capacitación de mozos profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación práctica, coa finalidade de mellorar a empregabilidade e poñer á disposición das empresas galegas profesionais que lles axuden a mellorar a súa competitividade.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 19 de febreiro de 2020 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG414A).

Cuarto. Importe

A dotación orzamentaria para estas bolsas ascende ao importe de 2.500.000 € e aboarase con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e polos seguintes importes e coa seguinte distribución plurianual:

a) Orzamento inicial 12 meses:

Dotación: partida orzamentaria 09.A1 741A 4803.

781.050,40 € ano 2020 e 387.065,60 € ano 2021.

Seguridade Social: partida 09.A1 741A 4840.

10.214,00 € ano 2020 e 21.448,00 € ano 2021.

b) Orzamento prórroga 12 meses:

Dotación: partida orzamentaria 09.A1 741A 4803.

845.554,60 € ano 2021 e 421.529,40 € ano 2022.

Seguridade Social: partida 09.A1 741A 4840.

10.724,00 € ano 2021 e 22.414,00 € ano 2022.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2020

Zeltia Lado Lago
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica