Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2020 Páx. 14494

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial de infraestruturas e dotacións para implantación de centro de saúde no concello de Abegondo (expediente 2019AAE2397; código 2260/2019).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico de 14 de febreiro de 2020, sobre o Plan especial de infraestruturas e dotacións para implantación de centro de saúde no concello de Abegondo.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático