Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2020 Páx. 14516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifica o requirimento aos suxeitos responsables para o pagamento por vía voluntaria dos gastos de execución subsidiaria das medidas cautelares adoptadas na explotación mineira Monteneme no ano 2016.

Tras tentarse practicar sen efecto a notificación da Resolución do 30 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, na cal se requiría aos suxeitos responsables o pagamento por vía voluntaria dos gastos de execución subsidiaria das medidas cautelares adoptadas na explotación mineira Monteneme realizadas no ano 2016, aos interesados que se identifican a seguir, sen que ninguén se fixese cargo dela e ao entenderse rexeitada tras pasar dez días naturais desde a súa posta á disposición na sede electrónica sen que se tivese accedido ao seu contido, notifícase mediante o procedemento establecido nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As persoas xurídicas interesadas identifícanse mediante o seu nome e NIF e as persoas físicas identifícanse mediante o seu DNI completo, de conformidade coa disposición adicional sétima da Lei 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Persoas físicas interesadas

Persoas xurídicas interesadas

DNI

Nome

NIF

52674402D

Leitosa, S.A.U.

A15099583

02193108N

Inicia Energy, S.L.

B85178838

45278143K

Inversiones Imison, S.L.

B97117659

O texto íntegro da resolución que se notifica está ao dispor dos interesados durante un prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situada no Edificio Administrativo de San Caetano, Edificio 5, Andar 4, na rúa San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela (A Coruña), na Subdirección Xeral de Recursos Minerais (teléfono de contacto 981 95 70 92), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos únicos (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado sen comparecer.

Contra a resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da notificación da resolución, de acordo co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, ou ben recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que proceda, significándolles que o recurso potestativo de reposición únicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes ao acordo de execución subsidiaria, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución de que o presente acordo é un mero acto de execución.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas