Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2020 Páx. 14281

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2020 pola que se fai público o cofinanciamento nun 80 % pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, do contrato administrativo de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de colector interceptor e tanque de tormentas en Rianxo-OH.315.1107 (expediente OH.715.1166).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador.

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo, código postal 15706.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela.

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

1.8. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/.

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida.

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).

4. Código NUTS do lugar principal de entrega ou de execución dos servizos: ES111 Rianxo (A Coruña).

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de colector interceptor e tanque de tormentas en Rianxo. Rianxo (A Coruña)-OH.315.1107. Clave do expediente: OH.715.1166.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, polo trámite ordinario e contratación non suxeita a regulación harmonizada.

7. Orzamento base de licitación. Importe neto: 59.202,50 €. Importe total: 71.635,03 €.

8. Valor estimado do contrato: 59.202,50 euros.

9. Prazo de execución do contrato: dezanove (19) meses.

10. Criterios de adxudicación.

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e, en aplicación destes, seleccionouse a mellor oferta como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 49 %), metodoloxía para a execución dos traballos (ponderación 26 %), análise do documento técnico da obra (ponderación 15 %) e mellora técnica vinculada á execución do servizo (ponderación 10 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 7 de novembro de 2019.

12. Número de ofertas recibidas.

12.1. Ofertas totais: 7.

12.2. Ofertas de pequenas e medianas empresas: 4.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: non procede.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 11 de novembro de 2019.

14. Empresa contratista.

14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Normansys, S.L.

14.2. NIF: B70041066.

14.3. Enderezo: rúa Catasol, 11 baixo, 27002 Lugo.

14.4. Código NUTS: ES112.

14.5. Teléfono: 666 52 97 92.

14.6. Fax: 982 28 45 85.

14.7. Correo electrónico: acrespo@normansys.com

14.8. Pequena ou mediana empresa: non.

15. Valor da oferta seleccionada. Importe neto: 42.630,00 €. Importe total: 51.582,30 €.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea.

Esta actuación será cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase no programa operativo no obxectivo temático 6 «Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos». Prioridade de investimento 6.2 «O investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos». Obxectivo específico 6.2.1 «Culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga». Actuación 6.2.1.2 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO) «Medidas de reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas». Operación: «Mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Arousa. Aglomeración de Rianxo». Unha maneira de facer Europa.

Polo que se deberán observar os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: Doutor Maceira, 18-baixo.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela.

17.4. Código postal: 15706.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións.

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: non procede.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 26 de marzo de 2019.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 7 de novembro de 2019.

Publicidade da formalización do contrato no perfil de contratante: 19 de novembro de 2019.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2020

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia